Saltar ao contido

Finding Nemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finding Nemo
Thomas Newman Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Título
Finding Nemo (en)
В поисках Немо (ru)
Procurando Nemo (pt-br) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Tema principal
 Representa a
Características
 Forma artística
 Lingua orixinal
 Cor
 Método de fabricación
 Formato de distribución
Obras
 Universo ficticio
 Personaxes
Nemo
Nigel (en) Traducir
Crush (en) Traducir
Mr. Ray (en) Traducir
Jacques (en) Traducir
Bruce (en) Traducir
Philip Sherman (en) Traducir
Darla Sherman
Coral (en) Traducir
Anchor (en) Traducir
Squirt (en) Traducir
Gurgle (en) Traducir
Marlin (en) Traducir
Dory (en) Traducir
Deb (&Flo) (en) Traducir
Gill (en) Traducir
Peach (en) Traducir
Bloat (en) Traducir
Bubbles (en) Traducir
Gerald (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
14 de novembro de 2003 (Suecia)
26 de novembro de 2003 (Francia)
30 de maio de 2003 (Estados Unidos de América, Canadá)
20 de novembro de 2003 (Alemaña)
20 de maio de 2003
2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
18 de maio de 2003Estrea (El Capitan Theatre (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
 Parte da serie
 Sucedido por
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
Duración100 min Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe16:9 Editar o valor en Wikidata
Custo94000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación969023261 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF176742943 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-0EED-0000-J-0000-0000-H Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01jrbb Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
8.2/10 Internet Movie Database (13 de marzo de 2026)
90/100 Metacritic (15 de xaneiro de 2026)
99% Rotten Tomatoes (15 de xaneiro de 2026)
8.7/10 Rotten Tomatoes (2 de maio de 2022) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0266543 Filmaffinity: 479365 Allocine: 29057 Rottentomatoes: m/finding_nemo Mojo: findingnemo Allmovie: v278866 TCM: 446316 Metacritic: movie/finding-nemo TV.com: movies/finding-nemo Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión baséase nun argumento de Andrew Stanton.

Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.

Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.

Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane[1][2] e coescrito por Victoria Strouse.[3] O filme ten novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.[4][5]

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. Kit, Borys (7 de xullo de 2012). "Andrew Stanton to Direct Pixar's 'Finding Nemo' Sequel". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de abril de 2013.
  2. Farley, Christopher John (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres to Star in 'Nemo' Sequel 'Finding Dory'". The Wall Street Journal. Consultado o 2 de abril de 2013.
  3. Isaac Feldberg (11 de xuño de 2014). We Got This Covered, ed. "Angus MacLane Co-Directing Finding Dory With Andrew Stanton". Consultado o 10 de xullo de 2014.
  4. Risley, Matt (2 de abril de 2013). Total Film, ed. "Pixar confirm Finding Nemo sequel". Consultado o 2 de abril de 2013.
  5. Zeitchik, Steven (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres' 'Nemo' sequel, 'Finding Dory,' set for 2015". Los Angeles Times. Consultado o 2 de abril de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]